No ano 2018 nace o proxecto BIOFORE co obxectivo de reducir os custos asociados á xestión da biomasa forestal coa posta en practica da unidade empacadora Fixteri FX-15a e o cabezal talador acumulador Nisula 280E+ e revalorizar o produto obtido a través do seu emprego na elaboración de abonos, na valorización enerxética ou para camas de calidade para o gando.
Biofore foi cofinanciado con fondos FEADER a través das axudas para o Apoio de Proxectos Piloto para o Desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal da Axencia Galega de Calidade Alimentaria e xerou interesantes resultados que estableceron as bases da seguinte proposta presentada no ano 2020, BIOFORE PLUS.
Este proxecto de innovación o que fixo foi probar a eficacia do tándem tecnolóxico conformado polo cabezal talador acumulador NISULA 285 e+ montado sobre maquinaria que estaba a traballar en Galicia no aproveitamento da biomasa forestal e valorizar o produto obtido no sector enerxético e como medida para reducir as emisións contaminantes nas fosas de xurro.
Biofore Plus foi financiado dentro dos proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, practicas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, co-financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Con todos os resultados obtidos nestes dous proxectos realizados e, para darlle continuidade a liña de innovación da valorización da biomasa para a redución de emisión e de captura do carbono no sector agrogandeiro nace no 2023 ECOCHAR. Con este proxecto o que se pretende é aproveitar e revalorizar recursos dispoñibles no ámbito rural como é a biomasa forestal, incluíndo especies invasoras de moi difícil xestión, para a elaboración de biochar, caracterizando e estudar as súas posibilidades para producir produtos de alto valor engadido.