Escola de Enxeñería Forestal (EIF) da
Universidade de Vigo
O biochar será elaborado e seleccionado previamente, nunha planta piloto creada na U Vigo na Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra. Este proxecto pretende optimizar as propiedades do biochar tendo en conta os materiais de partida (procedentes de especies invasora como acacia e materias procedentes do piñeiro) e o procedemento de pirólise empregado dun xeito controlado por primeira vez en Galicia, grazas a esta planta piloto da Escola de Forestais de Pontevedra.
Ler máis
Imaxes de proba do forno pirolítico e a planta piloto de pirólisis.
O biochar finalmente seleccionado pola Uvigo nestos traballos previos do proxecto, será elaborado nunha cantidade maior nun Reactor autotérmico e móbil de pirólises para residuos de biomasa da empresa Mecanotaf (Lugo). Este biochar será o que se utilice na proba piloto en condicións reais, na granxa experimental do CIAM.
Ler máis
Diferentes tipo de biochar.
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (AGACAL)
O biochar seleccionado e elaborado na Uvigo vaise estudiar o seu comportamento no CIAM como compoñente do material de camas do gando. No centro de investigación se seleccionaran aqueles produtos mais eficaces na redución de gases contaminantes (amoníaco, metano e óxido nitroso) tanto no interior das naves do gando, como na fosa de xurro, como na aplicación deste a o solo. Analizaranse as reducións de amoníaco no interior das granxas, co obxectivo de mellorar o benestar dos animais e operarios ao mesmo tempo que se analizará a redución de metano e óxido nitroso (gases contaminantes de efecto invernadoiro) que se producen tanto dentro da granxa, na fosa de xurro como na aplicación dese ao solo, pero tamén na compostaxe do esterco de aves.
De maneira transversal tamén se comprobará o efecto da aplicación do biochar ao chan na produción e calidade de forraxes, xa que o biochar incrementa o secuestro de carbono, mellora a eficiencia dos nutrientes aplicados no abonado ao mesmo tempo que aumenta a capacidade de retención de auga no solo.
Ao final do proxecto vaise aplicar o biochar optimizado elaborado pola empresa Mecanotaf seguindo as instrucións da Uvigo na granxa experimental do CIAM e coa posterior aplicación do xurro con biochar na finca nos permitirá determinar a viabilidade das innovacións desenvoltas coa execución do proxecto e elaborar un manual de MTDs de emprego do biochar para reducir as emisións de gases contaminantes no sector agro gandeiro.
Avícola O Marco
Como paso final do proxecto tamén se vai avaliar o poder de redución de gases contaminantes do biochar no proceso de elaboración de compós a partir de esterco de pavos, procedente da granxa Avícola O Marco