O proxecto aposta por valorizar especies forestais que ocupan unha gran extensión no territorio galego, como é o caso do piñeiro pero, sen grandes oportunidades de mercado ou especies invasoras, como as acacias, cunhas necesidades de xestión aínda sen abordar, en produtos de elevado valor engadido como o biochar para empregalo como mitigador de gases contaminantes no sector agrogandeiro, reducir a toxicidade por amoníaco no interior de granxas ao mesmo tempo que se transforman nun abono orgánico con excelentes prestacións para o solo.
Obxectivo xeral
SABER CALES SON OS PARÁMETROS QUE NOS VAN PERMITIR ELABORAR UN BIOCHAR CUNHAS PROPIEDADES ÓPTIMAS E CUN CARÁCTER DISTINGUIDO PARA SER APLICADO NO SECTOR GANDEIRO E MAXIMICE A REDUCIÓN DOS PRINCIPAIS GASES CONTAMINANTES XERADOS NO MESMO
Obxectivos específicos
Para a consecución deste obxectivo se propoñen os seguintes obxectivos específicos:
Elaborar biochares a partir de diferentes restos forestais e realizar procesos monitorizados de pirólise para optimizar o seu emprego no sector agrogandeiro como mitigador dos principais gases contaminantes.
Analizar e cuantificar a redución de emisións de gases contaminantes nas diferentes fases de xestión dunha granxa gandeira e analizar o poder fertilizante do xurro con biochar na produción de forraxe.
Poñer a punto esta metodoloxía innovadora coa aplicación dun biochar optimizado nunha granxa e finca real que permita establecer unhas boas prácticas de xestión no sector agro gandeiro.
Profesionalizar do sector a través do asesoramento técnico e a transferencia das innovacións e avances logrados no proxecto.